Equipo All-NBA

O Equipo All-NBA é un galardón anual da NBA nos que se escollen os mellores xogadores da liga na tempada. As votacións son realizadas por redactores e presentadores dos Estados Unidos e o Canadá.[1] O Equipo foi seleccionado cada tempada dende a existencia da liga, a tempada inaugural en 1946.[2] O Equipo está formado por tres quintetos, o primeiro, o segundo e o terceiro, e xeralmente compóñense de 15 xogadores en total.

Os xogadores reciben cinco puntos pola votación para o primeiro equipo, tres puntos polo voto para o segundo equipo, e un punto para a votación do terceiro equipo. Os cinco xogadores co maior número de puntos totais fai o primeiro equipo, os seguintes cinco fan o segundo equipo, e os seguintes o terceiro. No caso de empate entre xogadores, amplíase o equipo. Se o primeiro equipo ten seis xogadores por un empate, o segundo equipo seguirá tendo cinco xogadores. O empate só ocorreu unha vez, en 1952, cando Bob Davies e Dolph Schayes empataron a votos recibidos.[1] De 1946 a 1955, os xogadores eran seleccionados sen ter en conta a súa posición; con todo, dende 1956, cada equipo componse de dous aleiros, un pivote, e dos bases/escoltas.[2]

Kareem Abdul-Jabbar e Kobe Bryant teñen o récord de máis seleccións con 15.[3] Karl Malone, Tim Duncan e Shaquille O'Neal o seguen con 14, Bob Cousy, Dirk Nowitzki, Hakeem Olajuwon, Dolph Schayes e Jerry West teñen 12 seleccións.[3] Malone e Bryant teñen o máximo número de seleccións no primeiro equipo con 11, mentres Abdul-Jabbar, Duncan, Cousy, West, Michael Jordan, Bob Pettit e Elgin Baylor están empatados no segundo lugar con 10.[3]

  1. 1,0 1,1 "MVP Nash Highlights All-NBA First Team". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 17 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2007. 
  2. 2,0 2,1 "All-NBA Teams". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "All-League Selections by Player". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2008. Consultado o 7 de agosto de 2008. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search